sábado, 25 de octubre de 2008

PEQUEABECEDARIO


PEQUEABECEDARIO é un software educativo indicado para alumnos/as do 1º ciclo ou Infantil que consta de:

- Pequeno abecedario.
- Vocabulario por temáticas.
- 8 pequenos xogos.








O abecedario é visual e auditivo, sempre está acompañado dunha imaxe que representa a palabra. Ademáis , o pequeno ten a posibilidade de ver un pequeno video no que se representa a palabra en lingua de signos.










Hai un segundo bloque, no que se trata vocabulario sobre diferentes temas: casa, colexio, roupa, etc e seguindo a mesma dinámica que no primeiro bloque, representación visual e auditiva da palabra.






Por último, hai un terceiro bloque con 8 pequenos xogos, nos cales os cativos poden traballar os seguintes obxecivos:
- Recoñecer cores e números do 1 ao 9.
- Traballar o concepto de número e cantidade
- Formar palabras.
- Relacionar diferentes conceptos, coma por exemplo: tiza-pizarra, traballar os contrarios, alto-baixo, etc.
- Construir pequenos puzzles.



































1 comentario:

pelandruscaaaaaa dijo...

Muy bien karina, felicidades por el trabajo. El lunes comentamos. Un saludo y mucho ánimo.