sábado, 25 de octubre de 2008

PEQUEABECEDARIO


PEQUEABECEDARIO é un software educativo indicado para alumnos/as do 1º ciclo ou Infantil que consta de:

- Pequeno abecedario.
- Vocabulario por temáticas.
- 8 pequenos xogos.








O abecedario é visual e auditivo, sempre está acompañado dunha imaxe que representa a palabra. Ademáis , o pequeno ten a posibilidade de ver un pequeno video no que se representa a palabra en lingua de signos.










Hai un segundo bloque, no que se trata vocabulario sobre diferentes temas: casa, colexio, roupa, etc e seguindo a mesma dinámica que no primeiro bloque, representación visual e auditiva da palabra.






Por último, hai un terceiro bloque con 8 pequenos xogos, nos cales os cativos poden traballar os seguintes obxecivos:
- Recoñecer cores e números do 1 ao 9.
- Traballar o concepto de número e cantidade
- Formar palabras.
- Relacionar diferentes conceptos, coma por exemplo: tiza-pizarra, traballar os contrarios, alto-baixo, etc.
- Construir pequenos puzzles.



































miércoles, 22 de octubre de 2008

AS DIFICULTADES NO GRUPO DE ADQUISICIÓN DE LINGUAS

Unha das principais dificultades que teño para traballar co meu grupo é que non consigo atopar material en GALEGO para a inmersión lingüística destes nenos marroquís.
Non hai moito na web, nin xogos educativos, nin libros.....
Se traballo con eles en castelá, logo atópanse coas dificultades de lingua na aula.
Agradecería moito que si coñecedes algún material, me enviárandes información a meu correo persoal karinaromero@edu.xunta.es , grazas.

lunes, 20 de octubre de 2008


Na actualidade, traballo con 14 nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º ciclo.

Entre eles teño dous hiperactivos con retraso mental moderado e un neno de infantil cunha lesión cerebral.

Tamén teño un grupo de adquisición de linguas en 1º curso, trátase dun grupo de 6 marroquís.

Unha das miñas principais ferramentas de traballo é o ORDENADOR.

CEIP de Guillarei



Ola, son a mestra de PT deste centro que está ubicado en Tui.
Ésta é a miña aula.